Friday 03 de May de 2024

O Concello de Camariñas e a Garda Civil organizarán un coloquio informativo sobre as estafas en liña


· Terá lugar o vindeiro martes, 5 de outubro ás 11:00 horas na Casa de Pedra.

· Rógase á comunidade empresarial, así como á poboación interesada, a acudir pola relevancia do contido.

O Concello de Camariñas e a Garda Civil organizarán o vindeiro martes, 5 de outubro, un coloquio informativo sobre as estafas en liña. Será na Casa de Pedra ás 11:00 horas e rógase á comunidade empresarial, especialmente, pero tamén á poboación xeral a asistir por mor da relevancia do contigo.

Tras o elevado número de casos detectados de estafas telemáticas vía mensaxe SMS a móbiles particulares ou a través do correo electrónico, é vital previr estas situacións.

Será levada a cabo por Alberto González, Xefe de equipo de prevención da delincuencia da Comandancia da Garda Civil da Coruña.